Martín Villa veu a Lugo como Ministro nos primeiros tempos da democracia, e eu recollín unhas declaracións súas para TVE en Galicia, substituíndo ó recordado Tuñas Bouzón. O Ministro...
O de que a obra da estrada entre Cabreiros e Vilalba reciba unha axuda de oito millóns e medio de euros con cargo ó Plan do Carbón pode parecer extraño se temos en conta que en Vilalba nunca...
Xa teño dito que a primeira feira do capón da que fun consciente foi unha sorpresa. Non sei cando foi (tería eu catro anos), sei como: indo cara á escola de Dona Amelia. O ir a esta escola...
O medo dos antigos á fin do mundo mudou por outros medos e outras fins referidos ó remate da etapa vital. Librei nos sesenta da profecía da fin dos tempos que abraiou esta terra como unha plaga...
Confeso que son un devoto admirador das novas vías de comunicación, estradas ou autoestradas, que creo sinceramente que o progreso dun país ten nas vías de comunicación un dos pilares máis...
María José Porteiro, Delegada da Xunta en Buenos Aires, reuniuse co presidente do Partido Popular español na Arxentina, Avelino García Melle, ó que lle transmitiu a vontade de realizar un...
Xuntáronse para fundar o Foro pro Lugo os representantes do Concello, Deputación (Presidente e Vicepresidente), Universidade (Vicerrector de Lugo), Cámara de Comercio, Fundación Caixa Galicia,...
Feirón, aínda que non o pareza, é menos ca feira. Feira en Vilalba é o primeiro domingo do mes que non cadre en día un para non coincidir coa das Pontes. É feirón o martes que non baixe do...
Ona de Echave foi o último bispo de Lugo espectacular, revestido dun pontifical interior do que nunca puido separarse por cronoloxía e formación. Fixo nacer Radio Popular de Lugo, e permitíu...
Eu son un home, e teño clara a miña identidade. Cando cubro un papel onde hai que identificarse poño que son varón, no recadro onde antes se poñía M de macho ou F de femia. Agora,...
Nos meus veráns infantís no rural, aprendín nomes fermosos do animado e do inanimado, nun galego de cortello -como dicía o político- e non de granxa, que segue vixente corenta anos despois....
Onte fun a Vilalba, mercar un roscón. Riquísimo, por certo. E xa podería rematar a crónica, porque esta é a síntese, pero algo máis terei que dicir para xustificar o contar esta...
Escoito a Jiménez Losantos cinco minutos diarios, arredor das sete e cuarto da mañá. Os seus comentarios son afervoados, incisivos, ás veces insultantes, e aínda que respira claramente,...
Non é que eu viaxe moito, pero ir tres días seguidos de Lugo a Vilalba, coido que debe quedar reseñado no meu caderno de bitácora virtual. A min, Vilalba "ponme" como di o Presidente de...
Co magnífico país de Venezuela úneme unha infantil querencia polo lugar onde en tempos tiven un tío. Volveu hai máis de corenta anos porque fixera algún carto e quería vivir máis...