A estas alturas da vida (n. Vilalba, 1947), abrir a miña pequena e persoal historia ao público, non ten outro obxectivo que o de ir facendo memoria (mentras a memoria é viva) do longo camiño percorrido neste máis de medio século de vida pública.
Case seis décadas de amorear papeis, libros, recortes de prensa, guións e gravacións de radio ou tv, depáranme a diario a sorpresa de atopar letras e intervencións non lembradas que non quero esquecer, e por iso vanse ir sistematizando neste “arquivador” público.
Deste xeito, cando a actividade frenética que me domina vaia calmándose, a memoria non sexa o que ata agora foi, ou teña xa “o pé posto no estribo”, a miña xente e os meus amigos (posiblemente os únicos aos que lles interese o que aquí aparece) non terán que preocuparse máis ca de poñer punto final a este currículum que non aspira máis ca acreditar a miña vocación de comunicador vilalbés que non se permitiu máis repouso ca para coller folgos e camiñar con máis forza.
Xulio Xiz
Medalla de Ouro de Vilalba