1985: NACE A RADIO GALEGA

Nas gravacións daquel tempo, pode escoitárseme dando indicativos da “Radio Nacional de Galicia”. Todo o mundo na Radio Galega era consciente de que empezaba un tempo especial.

Eu, que durante moitos anos compaxinei o meu traballo de funcionario con catro horas diarias en Radio Popular de Lugo, traballo na Delegación en Lugo de El Ideal Gallego, e corresponsalías varias, como nesta web pode comprobarse, ao entrar no Concello de Lugo como “Xefe do Staff de Presidencia” do Alcalde Vicente Quiroga, deixei radio e prensa, e cambiei o meu destino como funcionario para a Casa do Concello de Lugo.

Pero en 1985 nace a Radio Galega, e nomean director a José Luís Blanco Campaña, amigo con amizade procedente da realidade dos “Galegos en Catalunya” que proclamou o escritor paradelense Manuel Rodríguez López.

Convidoume Blanco Campaña a que colaborase na espléndida realidade dunha Radio Galega e en galego, e afrontei organizar en solitario (nunca tiven un equipo organizador) A FESTA DOS SÁBADOS: catro horas en directo nas tardes dos sábados: A primeira, "A radio máis nova", nenos de colexios facendo o seu programa de radio; a segunda, "Galicia pobo a pobo", conversas con alcaldes galegos que nos falaban dos seus concellos; a terceira, "Literatura Viva", con poetas cos que conversaba e lían anacos da súa obra; e a cuarta, “Amigos”, conversas a tumba aberta coa xente máis relevante da política ou da sociedade galegas.

Todo isto, en directo, organizado a golpe de teléfono por min, viaxando desde Lugo para facer o programa, que se ía cumprindo con precisión milimétrica ou case, cunha única excepción do día no que un accidente me impediu chegar a Compostela.

A miña teima de gardar toda gravación importante, e ter falado para a radio con tanta xente con tanto que dicir, fai que hoxe posúa un arquivo entendo que valioso, que aquí se vai poñendo ao dispor de todos os galegos.

Despois da etapa de Xosé Lois Blanco, foi director outro amigo e compañeiro de Radio Popular, Xerardo Rodríguez, ás ordes do que desenvolvín campañas de radio viaxeira, tanto visitando colexios para que os rapaces fixesen os seus programas de radio, como programas por pobos de Galicia -"Galicia, vila a vila"- con actuacións en directo e conversas, sempre organizando en solitario cousa que hoxe semella verdadeiramente imposible. O certo é que eu procedía dunha radio “pequena”, onde todos debiamos saber facer de case todo, e o sistema que hoxe parece ben primitivo, funcionou e permite mirar cara atrás con asombro e nostalxia.

 

PROGRAMA “A FESTA DOS SÁBADOS” NA RADIO GALEGA
Día Mes Ano A Radio Máis Nova Galicia Pobo a Pobo Literatura Viva Amigos
30 3 1985 Colexio Santa Catalina Mondoñedo Santiago Darío Xohán Cabana Ramón Piñeiro
6 4 1985 La Salle - Santiago Portomarín (Lugo) Miguel Anxo Fernán Vello Rafael Dieste (Homenaxe)
13 4 1985 Pio XII Ponteareas (Pontevedra) Uxío Novoneyra Xosé Filgueira Valverde
20 4 1985 Quiroga Palacios Sada (A Coruña) Xesús Rábade Paredes Paz Lamela Vilarino
27 4 1985 Sant. Oliveira - Ponteareas Baños de Molgas (Ourense) Helena Villar Janeiro Xosé Luis Barreiro Rivas
4 5 1985 P. Somascos - A Guarda A Estrada (Pontevedra) Xavier Rodríguez Barrio Fernando González Laxe
11 5 1985 Bandeira (Pontevedra) Ribadavia (Ourense) Salvador García Bodaño Xerardo Fernández Albor
18 5 1985 Cuntis (Pontevedra) Pontedeume (A Coruña) Antón Tovar Bobillo Agustín Sixto Seco
25 5 1985 As Lagoas,1 (Ourense) Viveiro (Lugo) Manuel María Antolín Sánchez Presedo
8 6 1985 Divino Mestre (Ourense) Lugo Manuel Cuña Novás Francisco Fernánez del Riego
15 6 1985 Pardo Bazán - Chouzo Vilagarcía de Arousa (Pont.) Ana Romaní Blanco Avelino Pousa Antelo
22 6 1985 Virxe do Rocío - Vigo O Carballiño (Ourense) Avilés de Taramancos Valentín Paz Andrade
29 6 1985 Sagrado Corazón - Lugo - Xosé María Díaz Castro  
6 7 1985 María Inmaculada - Silleda Marín (Pontevedra) Manuel Rodríguez López Isaac Díaz Pardo
13 7 1985 A Gándara - Monforte Celanova (Ourense) Claudio Rodríguez Fer Manuel Iglesias Corral
20 7 1985 Cervo (Lugo) - Lois Diéguez Odón Luis Abad Flores
27 7 1985 Quiroga Ballesteros - Lugo Sanxenxo (Pontevedra) Fiz Vergara Vilariño Emilio González López
3 8 1985 Curros Enríquez - A Coruña Cedeira (A Coruña) Luz Pozo Garza Benxamín Casal
10 8 1985 Beluso - Bueu (Pontevedra) Carballo (A Coruña) Xosé María Álvarez Cáccamo Marino Dónega Rozas
17 8 1985 Sanguñeda - Mos (Pontevedra) Nigrán (Pontevedra) Manuel Forcadela Pablo González Mariñas
24 8 1985 Abadín Vilalba (Lugo) María do Carme Kruckenberg Antonio Rosón Pérez
31 8 1985 Insua Bermúdez - Vilalba Monterramo (Ourense) Pilar Pallarés Camilo Nogueira
7 9 1985 6 de Nadal - Coia - Vigo Ribadeo (Lugo) Xulio López Valcárcel Víctor Manuel Vázquez Portomeñe
14 9 1985 (Resume) Mondariz-Balneario (P.) Xavier Seoane Manuel Ángel Villanueva Cendón
21 9 1985 Unión Mugardesa Ferreira de Pantón (Lugo) Xesús Manuel Valcárcel  
28 9 1985 Fogar Santa Rita - Galdo (Lugo) Arnoia (Ourense) Margarita Ledo Andión Enrique Marfany Oanes
5 10 1985 - Padrón (A Coruña) Cesáreo Sánchez Iglesias Xosé Trapero Pardo
12 10 1985 - Miño (A Coruña) Xavier Rodríguez Baixeras Ánxel Fole Sánchez
19 10 1985 - Verín (Ourense) Antón Santamarina Delgado Xoan Corral Pérez
26 10 1985 - Tui (Pontevedra) Manolo Rivas Homero Pérez Quintana
2 11 1985 - Lourenzá (Lugo) Lembranza de Manuel Casado Nieto Antonio Fraguas y Fraguas
9 11 1985 - Cesures (Pontevedra) Victor Vaqueiro Andrés Torres Queiruga
16 11 1985 Anexa (Lugo) Allariz (Ourense) Luis González Tosar Luciano García Alén
23 11 1985 Castrelo - Cambados (Pontevedra) Noia (A Coruña) Mario Couceiro Bescos Carlos Pajares Vales
30 11 1985 Buño - Malpica (A Coruña) Castro de Rei (Lugo) Lino Braxe Xosé Luis Méndez López
7 12 1985 Concepción Arenal (Pobra S. Xiao) Porriño (Pontevedra) (Enf. A. Conde) Xosé Manuel Beiras
14 12 1985 Reibón - Moaña (Pontevedra) Castro Caldelas (Ourense)   Frei Xosé Gómez González
21 12 1985 - - Xoán Manuel Casado (Enf. Guerreiro)
28 12 1985 - Ortigueira (A Coruña) Xosé María Pérez Parallé Xaquín Lourenzo
4 1 1986 - Meira (Lugo) Alfredo Conde Ramón Martínez López
11 1 1986 Anexa - Pontevedra Lalín (Pontevedra) Xosé Vázquez Pintor Anxo Guerreiro Carreira
18 1 1986 Seminario de Mondoñedo Xunqueira de Ambía (Ourense) Miguel González Garcés Rosón (Bis)
25 1 1986 A Pontenova Rianxo (A Coruña) Mª Pilar (Marica) Campo Domínguez Celestino Fernández de la Vega
1 2 1986 Muros (A Coruña) Baralla (Lugo) Ánxeles Penas Monseñor Rouco Varela
8 2 1986 Acc.
15 2 1986 Coiro - Cangas (Pontevedra) O Barco (Ourense) Miguel Mato Fondo Benito Varela Jácome
22 2 1986 Patrocinio San José - Lugo Forcarei (Pontevedra) Manuel Álvarez Torneiro os políticos?
1 3 1986 Xove (Lugo) Melide (A Coruña) Luis Iglesias de Souza Cesáreo Saco Vázquez
8 3 1986 Pablo VI - A Rúa - Valdeorras Rábade (Lugo) Manuel Lueiro Rei Jacinto Calvo López
15 3 1986 Covaterreña - Baiona (Pontevedra) Meaño (Pontevedra) Tomás Barros Pardo Isidro Parga Pondal
22 3 1986 Anexa Masc. - Pontevedra Beade (Ourense) Luis Rei Núñez Bautista Álvarez Domínguez
29 3 1986 Resume "Un ano de A Festa dos Sábados": Literatura Viva - Amigos
5 4 1986 Vimianzo (A Coruña) Monforte de Lemos (Lugo) Avelino Abuín de Tembra Xosé Fortes Bouzán
12 4 1986 Compañía de María - Lugo Arbo (Pontevedra) Eloi Caldeiro Celestino F. De la Vega
19 4 1986 Pio XII - Santiago Betanzos (A Coruña) Xosé Fernández Ferreiro Enrique Chao Espina
26 4 1986 Martín Freire - Fisterra (A Coruña) As Neves (Pontevedra) Miguel Sande Corral Rosón (Homenaxe)
3 5 1986 Vales Villamarín - Betanzos Avión (Ourense) Manuel Guede Oliva Manuel Xesús Precedo Lafuente
10 5 1986 Domaio - Moaña Xove (Lugo) Recompilación "As donas poetas" Xaime Illa Couto
17 5 1986 Castro de Rei      
24 5 1986 Oural      
31 5 1986 Cruceiro de Roo      

 

A RADIO MÁIS NOVA - SEGUNDA ETAPA

Compañía de María de Lugo
Colexio Castrelos
Colexio Lagoas Ourense
Colexio Pablo VI A Rúa
Colexio Abelendo Moaña
Instituto de Redondela
Colexio As Pontes
Colexio n2 Melide
Colexio Mondariz
Colexio Virxe Corpiño Begonte
Colexio Xove
Colexio Palmeiro
Colexio Ramón de Artaza Muros
Colexio Cervantes
Colexio Guitiriz
Colexio Brión
Colexio A Pontenova
Colexio Sagrada Familia A Coruña
Colexio Obradoiro A Coruña
Colexio Guerra Campos Bertamirán Ames
Colexio Lasalle Santiago
Colexio Divina Pastora Lugo

Copyright © 2026 Xulio Xiz. Todos os dereitos reservados