O CONCELLO DE PARADELA HONRA A XULIO XIZ CO NOMEAMENTO DE FILLO ADOPTIVO (31/05/2025

O Centro Sociocultural Manuel Oreste Rodríguez López de Paradela foi o escenario este sábado dun acto cargado de emoción e recoñecemento: o nomeamento de Xulio Xiz como Fillo Predilecto do municipio. O xornalista e escritor recibiu esta distinción pola súa traxectoria de compromiso coa cultura e co desenvolvemento do concello, nunha cerimonia na que se puxo en valor a súa dedicación continua ao longo dos anos.

Xulio Xiz tivo un papel destacado na celebración do bicentenario do Concello de Paradela, colaborando de forma activa na preparación e coordinación dos actos conmemorativos, que fixeron do aniversario unha cita memorable para a veciñanza.

Ademais, a súa implicación no Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López foi constante e decisiva. Formou parte do xurado encargado de escoller as obras premiadas e participou de maneira directa na organización do certame, contribuíndo a consolidalo como un referente da creación literaria en lingua galega.

O acto de nomeamento estivo marcado pola gratitude e polo recoñecemento ao labor dun home que, dende o seu oficio e vocación, contribuíu a proxectar Paradela máis alá das súas fronteiras. A distinción de Fillo Predilecto supón, segundo destacaron dende o propio Concello, “un xusto agradecemento a unha vida de entrega cultural e afectiva á súa terra”.

Palabras de Xulio no acto (PDF)

 

Na prensa

El Concello de Paradela entregará a Xulio Xiz el título de Hijo Adoptivo el próximo día 31 (El Progreso, 22/05/2025) - Web

Paradela nombrará Hijo Adoptivo a Julio Modesto Giz Ramil por su compromiso cultural con el municipio (Sarria Xa, 22/05/2025)

Entrega de Hijo Adoptivo de Paradela a Xulio Xiz Ramil (Heraldo de Vivero, 30/05/2025)

Xulio Xiz, Fillo Predilecto de Paradela (La Voz de Galicia, 01/06/2025)

Paradela honra un "trobador da cultura" (El Progreso, 01/06/2025) - Web

Paradela honra a Xulio Xiz co nomeamento de Fillo Predilecto (Sarria Xa, 01/06/2025)

Paradela / Fillo Adoptivo (El Progreso, 08/06/2025)

 

Copyright © 2026 Xulio Xiz. Todos os dereitos reservados