¿Cómo lle fas esto a Orozco?, sendo teu amigo, dinme os amigos. Precisamente por eso, para que saiba que segue a ser humano, e cando deixe de ser alcalde máis. Son dos poucos que lle di cousas que non resultan agradables -verdades- porque sei que hai vida despois do Concello, e quen esto saiba ten moito camiño andado no regreso ó lugar ó que sempre se volve.

O regreso de Orozco parece que aínda tardará porque pode arrasar nas municipais, se atendemos ás perspectivas, torto na “terra dos cegos”.

Ollando para min por fóra (por dentro, non son torto), cavilo se estará ben a comparación. Coido que sí, porque nesta complexa cidade é difícil chegar a torto político, non dependendo de cada quen senón de innumerables circunstancias.

Pero logo, eso da política en Lugo, ¿Cómo funciona?. Desde agora, a saber. Ata agora, vostede chamaba a Cacharro, que era o que máis sabía, por controlador e por resistente. E que cre que respostaría: Posiblemente o mesmo que se di que dixo Franco cando aínda non era un morto en vida: Faiga coma min; non se meta en política.

Pero, quen se resiste a unha paixón?.

Copyright © 2026 Xulio Xiz. Todos os dereitos reservados