O cambio de rúas e un tema co que gozan os gobernos municipais. Eso de borrar presuntos erros pasados, cambiándoos por gloriosas xustizas actuais gusta a todos os grupos políticos, e o rueiro de cada pobo convírtese en campo de loita no que se dilucidan vellas trifulcas ou arcaicos agravios.
Resulta que en Burela hai unha rúa á que lle da nome Eijo Garay, o que foi bispo de Madrid-Alcalá e patriarca das Indias Orientales. E un colectivo cultural reclama o cambio de nome, sobre o que aínda non se ten pronunciado o goberno municipal pero si o cronista do concello, Benjamín Quelle, que o considera improcedente.
Eijo Garay puido ser crego preconciliar, que o foi aínda que só fose polo tempo que lle tocou vivir. Pero resulta, a efectos de burelidade que foi don Leopoldo Eijo Garay, ó que no seu tempo foi visitar unha comisión para pedir axuda para o porto, o que xestionou diante Franco unha axuda decisiva para que se construíse o moderno porto de Burela, polo que califica de ocurrencia ingenua a do colectivo que propón tachar o nome do crego do rueiro, rematando coa indicación de que Os Eijo, avós de don Leopoldo, eran bureleses.
Agardamos dos gobernantes bureleses que atendan parcialmente a petición de Buril de darlle unha rúa ó primeiro cronista da localidade -Ricardo Pena Domínguez-, pero outra. E respecten a de Eijo Garay, que foi crego preconciliar. Pero tamén daquela había cregos bos, que se preocupaban da súa xente, aínda que vistos con ollos de hoxe pudiesen resultar un pouco carcas.