Hai un par de semanas fun a unha cea en Conturiz que se prolongou durante máis de tres horas, e o viño que bebín ó comezo foise diluíndo no meu organismo.

Ó sair do restaurante, a uns trescentos metros, control de alcoholemia. A intranquilidade que producen estas probas traduciuse en satisfacción cando o meu soplido marca 0,0. Perfecto.

Esto quere dicir que se poden tomar un par de vasos de viño, que o meu organismo asimila con facilidade, ou que as sobremesas sobrias compensan pequenos excesos anteriores.

E nesto que escoito a Aznar dicir despropósitos impropios de quen tivo tan altas responsabilidades, e persoa da que cabe agardar control na expresión. Ben pensado, o que dixo foi un perfecto exemplo do que poden producir os excesos etílicos.

A súa desmesura verbal acredita que daquela non era dono de si, e flaco favor lle fai ó viño –do que son profundo admirador- porque se cada cousa ten o seu momento, o momento de Aznar non era para falar en público.

O coñecido slogan debe ser ampliado: “Se bebes, non conduzas nin fales”. Primeiro, durmir, e logo conducir e conducirse.

Copyright © 2026 Xulio Xiz. Todos os dereitos reservados