Cando hai dúas forzas en conflicto -policia municipal versus goberno do Concello, por exemplo- os representantes institucionais teñen da súa parte a autoridade, pero calquera colectivo ten innumerables armas tan poderosas como a autoridade, que o goberno non pode utilizar. Unha parte ten a forza. A outra, a intelixencia, o humor, a liberdade.
Diante das graves diferencias entre a policía local e a alcaldía, as numerosas baixas por enfermidade entre o colectivo de seguridade, e as Psicións enconadas sen atisbo de acordo, medio cento de policías organizaron unha comparsa de Antroido na que trinta e cinco se disfrazaron de lexionarios romanos, cinco de escravos e o resto participaron de paisano.
Frente á Casa do Concello, os policías escenificaron unha cerimonia de sometemento de esclavos -significando que se trataba dos gardas municipais- ós romanos ou goberno da cidade, en razón da súa maior forza. Completándose o espectáculo cunha sonora pitada cando polas rúas da cidade atoparon ó alcalde presidente do Concello.
Despois desta iniciativa antroideira (tempo no que case todo está permitido), o goberno municipal tomou boa nota do equilibrio de forzas, e prometeu que nunha semana habería unha mesa de negociación coa policia local. A autoridade plégase ó humor intelixente. Outra cousa é conseguir acordos.
Esto pasou no Ferrol. Pero os policías mercaron en Lugo os traxes de romanos.