Fermoso o Ford Focus azul metalizado que na tarde dun luns de outubro estaba aparcado paralelo a unha liña amarela na rúa dos Paxariños da capital lucense.

Nunca sabería o conductor se eu non llo digo as inconveniencias causadas polo anárquico aparcamento. Nun determinado momento, impediu que entrase un furgón comercial no baixo que o Focus descapotable taponaba, co que tampouco puido sair do baixo o coche particular alí gardado.

Dos dous usuarios, un tiña que estar rapidamente no outro lado da cidade para recoller uns imprescindibles papeis para unha reunión inaplazable. O outro, tiña que recoller a hora fixa na gardería unha nena de cinco meses. Nesto que un teléfono móvil –que xa nos é imprescindible para a vida- se quedou sen carga.

En casos así, os minutos son segundos para o que deixou o coche aparcado á boa fe, pero son horas para os que están emplazados para citas inaprazables.

A solución veu dada polo reloxio... O furgón comercial fixo unha viaxe de urxencia pola capital lucense. E cando volvía ó lugar taponado puido ver noutra rúa xa distante o mesmo coche, polas súas características plenamente identificable.

En fin, que se de cousas así hai que sacar conclusións que nos vallan para algo, queda a certeza de que ningún dos dous afectados polo bloqueo van aparcar en lugar dubidoso durante moito tempo.

Copyright © 2026 Xulio Xiz. Todos os dereitos reservados