Señor: Hoxe xuntámonos aquí amigos de Elena e de José, para decirlle adeus ao corpo de Elena, para [FOTO2]acompañar a José e ás súas fillas, e para darche grazas, señor, por Elena e polas xentes que son coma ela.

Falo, señor, no nome dos amigos… sabendo que Elena e José entendían e entenden a amizade no sentido máis amplo. E o que é amigo, é irmán, é da casa, é da familia, ten as portas abertas, e abertos están sempre os seus corazóns para recibilo e atendelo.

Algúns de nós coñecimos a Elena e a José por ser amigos dos amigos… e convertíronse en amigos. E coñecímolos porque atendían a eses amigos no sentido máis amplo e completo… porque, como dixo o teu fillo, “tiven fame e déstedesme de comer; tiven frío, e vestístedesme; tiven soedade e acompañástedesme”… E por iso Señor, estamos convencidos, de que Elena e José –Elena xa está contigo- forman parte deses aos que lles dixeches:
Vide, benditos do meu pai”. Por iso tiñas présa por levarte a Elena… Por iso Elena soubo levar con enteireza, valentía e forza incribles a proba desta cruel enfermidade, que nin nos últimos momentos conseguíu doblegala, e da que consolaba aos seus con esa forza interior que só teñen os nosos santos de cada día.

Por iso, Señor, valoramos moi especialmente a santidade de cada día dunha persoa forte, entregada aos demais, familiar, vital, alegre, devota da humanidade, que sabe transmitir aos que a rodea a alegría de vivir, a confianza na familia, a fe no presente e no futuro.

Gracias, Señor, por Elena, e por todas as Elenas do mundo que fan posible seguir adiante e superar todas as dificultades. Gracias por Elena –públicamente- no nome de todos os que chas están dando coa súa oración.

Gracias no nome de todos os que recibiron de Elena pan e auga, compañía e agarimo, abrigo e comprensión. Gracias, Señor, porque Elena tiña moito para dar e deuno todo para poder estar contigo, como dixo Machado, “lixeira de equipaxe” terrenal, pero cun inmenso fardelo de boas obras, e coa alma chea de paz. Gracias, Señor, por Elena, que xa descansa en ti.

Copyright © 2026 Xulio Xiz. Todos os dereitos reservados